Que resultados se esperan obter?
A resposta ao despoboamento non pode ser a redución das infraestruturas e diminución dos servizos. As rexións en procesos de despoboamento e envellecemento necesitan tanto solucións cualitativas como respostas innovadoras para a cidadanía, as autoridades e o mundo empresarial. Este obxectivo xeral pódese acadar a través do intercambio de experiencia, identificando boas prácticas e solucións políticas, a cooperación interrexional e a transferencia con éxito das mellores experiencias. Iso contribuirá a mellorar a efectividade do desenvolvemento das políticas rexionais.
Dentro das rexións DART hai varios proxectos que abordan o cambio demográfico e económico. Sen embargo, moitos deles constitúen solucións illadas. A proposta de DART é acadar un axuste das políticas en relación co cambio demográfico a través da implantación de
- Boas prácticas procedentes de anteriores proxectos dos socios,
- Novos produtos e servizos para manter a calidade de vida, concretamente nos novos campos de negocio para PEMEs e
- Unha listaxe de estándares e indicadores para comparar rexións.
DART céntrase no desenvolvemento dun enfoque integrado de recomendacións para adaptar políticas rexionais e servizos públicos. Neste sentido o proxecto aumenta a preocupación polo cambio demográfico, incrementa o co?ecemento e avalía o rol crítico dos servizos públicos na medición do éxito nas rexións en proceso de despoboamento e envellecemento.